
En primeiro lugar queremos dar as gracias a tódalas persoas que dunha forma ou outra participaron nestos últimos 26 anos para facer cada edición máis grande desta carreira. Atletas de tódalas categorías que, coa súa presencia e participación, puxeron o seu nome e o seu esforzo no historial deste modesto club de amigos do deporte de Leiro.
Tamén agradecer ós colaboradores da organización para a axuda na realización de cada unha das 26 edicións, e un recordo especial para os que no seu día nos deixaron para sempre.
Non podemos esquecernos dos patrocinadores, oficiais e privados, que coa súa aportación económica fixeron posible a organización destas 26 carreiras populares que levamos organizando ininterrumpidamente.
Para os que por primeira vez nos vexades, decirvos que a villa de Leiro está situada no corazón do Ribeiro, famoso, entre outras cousas, polos seus bos viños, na metade do recorrido por carretera entre Ribadavia e Carballiño, e ó lado do río Avia. A beleza do entorno de Leiro axudaravos a que volvades e disfrutedes de toda a hospitalidade que vos ofrecemos. Podedes encontrar unhas breves indicacións de cómo cegar pinchando aquí.
Darvos as gracias polo voso interés e animarvos a participar dunha forma ou outra, porque nos esperámosvos como amigos.
Club amigos do deporte de Leiro.



