Castellano Gallego Portugués

Carreira Información Clasificación Fotos

CLUB AMIGOS DO DEPORTE

Comeza este pequeno historial no ano 2005, unha vez finalizada a XXII edición da Carreira Popular de Leiro, dando as gracias a tódolos organismos oficiales, establecementos e particulares do pobo de Leiro e da provincia de Ourense, polas aportacións realizadas ben en metálico ou material deportivo, sen as que non sería posible a organización e posterior realización destas 22 edicións, que nos últimos anos véronse incrementadas coa participación de clubes de atletismo de toda Galicia e Portugal, así como corredores de distintas provincias de España, entre os cuales figuran atletas moi coñecidos a nivel nacional e internacional, dos que omitiremos os nomes para non desmerecer a participación doutros que non son tan coñecidos ou prácticamente descoñecidos.

Os primeiros pasos para a formación deste clube e organización da Carreira Popular de Leiro, comenzan no ano 1983, cando un grupo de amigos de Leiro, amantes do deporte en xeral, encabezados por Nicolás Pousa González "Colas", Antonio Romero García "Pompi" (que actualmente aínda continúan ó frente da organización) e Juan Antonio Vázquez López (que anos máis tarde deixa a organización), reúnense para organizar algunha actividade deportiva ó marxe das actividades lúdicas das festas patronais do pobo, e é cando surxe organizar unha carreira popular, xa que non existía ningunha similar nos pobos dos arredores, como son Carballiño e Ribadavia, por citar os máis importantes da comarca do Ribeiro.

Ano tras ano o que comenzou como unha carreira a nivel local, vaise convertindo en cita obrigada dos distintos clubes e corredores das distintas provincias citadas anteriormente.

Dende o ano 1983 ata o 1994 non existe ningunha documentación correspondiente ás probas de ditos anos, coa excepción da IV e IX edición, que por recortes de prensa, constan como gañadores absolutos José Luís Ochogavias (que militaba no Club Adas de Valdeorras) e Cristina García Colomo (IV edición), e José Antonio Laxe López e Sandra Rizo (IX edición), pois nestos anos non se pensaba que se puidera chegar tan lexos. Pero coa incorporación de novos colaboradores nas tarefas de organización, comézase a gardar toda a información correspondiente ás probas realizadas a partir de 1994.

Se non pode visualizar os arquivos faga click aquí para descargar un lector de pdf.


Enviar email